jueves, 20 de diciembre de 2012

Bicentenario



Charles Dickens foi un escritor británico, nacido en 1812 e que morreu en 1870.  Polo tanto este foi o ano do bicentenario do seu nacemento. Ata os nove anos, Dickens non recibira ningunha educación formal, foi case un autodidacta, se se exceptúa o seu paso por unha escola privada, pero pasaba o tempo lendo: foi un lector voraz, especialmente de libros como Robinson Crusoe e Don Quixote, pouco despois, con doce anos púxose a traballar nunhas condicións de casi exclavitude, cando a situación da súa familia era cando menos complicada. Destacou primeiro como cronista, e logo como novelista, foi quen de retratar magníficamente a dura sociedade na que lle tocou vivir. Segue a ser un dos escritores de lingua inglesa máis lidos.
Nós dende a biblioteca do centro imos facerlle unha pequena homenaxe en forma de adaptación de guión teatral lido por alumnos do centro para os niveis de 4º, 5º e 6º de primaria.

Ebenezer Scrooge, o aborrecible egoísta cuxo apelido se empregou nos países de cultura británica para designar ao típico personaxe avaro, foi un personaxe moi popular entre os que aparecen nas obras de Charles Dickens. Conto de Nadal é unha historia entrañable escrita por este autor, que condena a avaricia e ensalza as máis sinxelas virtudes da familia e do calor do fogar.
Esta obra foi publicada a mediados do século XIX e nela nárrase a historia do avaro Mr. Scrooge, a quen durante unha xélida Noiteboa, so na súa casa, apareceránselle nunha noite tres espíritus, que representan o seu pasado, o seu presente e o seu futuro. Tras esta visita e tras visionar a soidade e a morte que lle agardan, debido a que non ten amigos nin familia e que se encerrou no seu mundo de avaricia, Mr. Scrooge cambiará o seu modo de ver a vida.
Tamén é recomendable a lectura de Noiteboa de pantasmas, una adaptación de José María Pérez Zúñiga da obra de Charles Dickens Canción de Nadal e con magníficas ilustracións de Patrick Benson, publicada pola editorial Vicens Vives. Este libriño é moi fácil de ler e vaivos encantar. Palabra de Brinqui.
BO NADAL!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Lecturas recomendadas

O Equipo de Dinamización da Biblioteca escolar e Brinqui  elaboraron  a lista de lecturas recomendadas, animándovos a que disfrutedes dun Nadal con libros!!!

martes, 13 de noviembre de 2012

Novas de Brinqui!

Amigos e amigas: Ola! Supoño que xa me coñeceredes todos/as. 

Ben para quen non se lembre de min son Brinqui, a vosa mascota. Xa que son alguén moi importante para vós, mandáronme comunicarvos unhas cantas cousas:
En primeiro lugar decirvos que o 9 de novembro celebrarase na pista a festa do magosto, á que tedes que asistir. Comeremos castañas! Supoño que na clase faredes un cucurucho de papel para metelas dentro. Case se me esquece!. Mentres comemos castañas estaremos acompañados pola nosa música tradicional galega. 
En segundo lugar teño unha moi boa noticia: podedes traer froitos do outono. Xa sei que sodes moi orixinais nos traballos manuais por iso... Sorprendédeme! A data de inicio para traer os froitos xa volo comunicarán os profes. 
En último lugar, contoume un paxariño que estades facendo un mural do outono relacionado con catro contos populares e clásicos: O Parrulo feo, Os tres porquiños, Pinocho, Charlie e a fábrica de chocolate. Eu aínda non o vin e estou moi ansioso así que traballade arreo. Non podo esperar máis. Xa nos vemos no magosto. Bicos do voso amigo Brinqui. 


Brinqui.


martes, 19 de junio de 2012

Cenicienta!

Seguindo coa adaptación dos contos clásicos dos irmáns Grimm, nesta ocasión os nenos e nenas de 5º curso representaron "Cenicienta" para o alumnado do 1º Ciclo de Primaria. 

Esta actividade resultou moi atractiva para os nenos e nenas de primeiro, que estiveron moi atentos e disfrutando moito do conto.

Parabéns para todos e todas e moitos ánimos para seguir realizando estas actividades de animación á lectura.

viernes, 8 de junio de 2012

Os músicos de Bremen!

Os nenos e nenas de quinto curso realizaron unha adaptación do conto de Jackob Grimm "Os músicos de Bremen", que narra a historia de catro animais: un burro, un can, un gato e un galo, que viven no poboado de Dibbsersen na Baixa Saxonia de Alemania. Os animais fuxen dos seus donos porque os maltrataban  e deciden realizar unha viaxe a Bremen que resulta toda unha aventura...

martes, 5 de junio de 2012

Un mundo por descubrir!

O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP Gregorio Sanz elaborou unha lista de libros de lectura recomendados por idades.

101 dálmatas

Alumnas de 5º curso de Educación Primaria escenificaron o conto "101 dálmatas" para o alumnado do segundo curso de Primaria. 
Os nenos e nenas de primeiro Ciclo estiveron moi atentos e disfrutaron desta obra tan ben representada polas compañeiras do terceiro Ciclo. 
Os nosos parabéns ás alumnas e titora de 5ºA polo traballo desenvolto co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura no alumnado!

viernes, 20 de abril de 2012

Libro fórum

Proxecto de animación lectora pensado para os cursos de quinto e sexto de E. Primaria. Cada curso, fará unha xuntanza na que se desenvolverá unha charla -coloquio sobre o libro lido previamente, xunto con varios mestres, nun ambiente distendido, no marco da biblioteca do centro.
Os titores propoñen os libros a ler