martes, 13 de noviembre de 2012

Novas de Brinqui!

Amigos e amigas: Ola! Supoño que xa me coñeceredes todos/as. 

Ben para quen non se lembre de min son Brinqui, a vosa mascota. Xa que son alguén moi importante para vós, mandáronme comunicarvos unhas cantas cousas:
En primeiro lugar decirvos que o 9 de novembro celebrarase na pista a festa do magosto, á que tedes que asistir. Comeremos castañas! Supoño que na clase faredes un cucurucho de papel para metelas dentro. Case se me esquece!. Mentres comemos castañas estaremos acompañados pola nosa música tradicional galega. 
En segundo lugar teño unha moi boa noticia: podedes traer froitos do outono. Xa sei que sodes moi orixinais nos traballos manuais por iso... Sorprendédeme! A data de inicio para traer os froitos xa volo comunicarán os profes. 
En último lugar, contoume un paxariño que estades facendo un mural do outono relacionado con catro contos populares e clásicos: O Parrulo feo, Os tres porquiños, Pinocho, Charlie e a fábrica de chocolate. Eu aínda non o vin e estou moi ansioso así que traballade arreo. Non podo esperar máis. Xa nos vemos no magosto. Bicos do voso amigo Brinqui. 


Brinqui.