miércoles, 29 de abril de 2020

miércoles, 22 de abril de 2020

22 de abril "Día da Terra"

Nacións unidas decidiu adicar o día 22 de abril a Terra para recoñecer que o planeta que habitamos, cos seus ecosistemas, é o fogar da humanidade.





Choiva de comics!!

No seguinte enlace podedes acceder a infinidade de cómics españois clásicos.

Cómics españoles clásicos


martes, 21 de abril de 2020

Choiva de contos!!

A editorial kalandraka no seu espazo kalandraka TV "cuentos contados", comparte con nós moitos contos para estes días.

Espero que vos gusten!!

Para velos, só tedes que pinchar no enlace seguinte. Xa me contaredes!!

Contos contados

Terceira pinga!! "El pequeño conejo blanco"




Segunda pinga. "El principito"

Un conto cheo de valores!!



En abril, choiva de contos mil!!!!!


O próximo xoves, como xa dixen na entrada anterior, celébrase o día do libro, por iso toda esta semana haberá unha choiva de contos, en galego e en castelán.

Estades preparados!!!

Ai vai a primeira pinga desta choiva!!!!


Unha mañá a  gata Benita, espertou sobresaltada ao oir que a señora Xulia chamaba por ela.

lunes, 20 de abril de 2020

Día do libro!!

Esta semana celébrase o día do libro (día 23 de abril).

Unha parte importante de estar a ler un libro é saber en que páxina quedamos, para poder continuar con esas pequenas historias que nos fan voar.

Para iso, imos facer un marcapáxinas divertido. Temos que ir preparando todo o material

  • Cartolina ou papel
  • Rotus
  • Tesoiras 
  • Pegamento e calquera outro material que queirades facer para decorar o noso marcapáxinas.


E mans a obra!!

No seguinte vídeo tedes as instrucións. Unha vez rematados podedes envialos para que os publiquemos neste blog. 

A dirección de correo é:  mequedoencasaymedivierto@gmail.com



sábado, 11 de abril de 2020

A voar!!

E xa que estamos a falar de nubes. Imos voar cun conto moi especial. Conto contado por Doris Paz, Orientadora da asociación Antonio Gandoy.


As nubes!!

Hoxe imos coñecer algo máis das nubes.



miércoles, 8 de abril de 2020

lunes, 6 de abril de 2020

A galiña Carmiña!!

Ai vai o noso primeiro conto dos Musicreques!!. Espero que vos guste!!



Reto en familia: elaborar unha receita de cociña

Hoxe vouvos propor a todos e todas un reto, elaborar unha receita de cociña coas vosas familias, quen se atreve?. 
Unha vez feita inventade un nome para a vosa receita e podedes mandarme a foto do resultado para publicala no blog. 

Veña cociñeiros e cociñeiras a ver esas ricas receitas!! 

Correo: mequedoencasaymedivierto@gmail.com




O incrIble neno devorador de libros!!

Xa que estamos de vacacións, e imos aproveitar para escoitar un novo conto dun neno, Henry, ao que lle gustaban os libros pero, non coma  ti ou coma min, non. Gustáballe comelos!!!!.





viernes, 3 de abril de 2020

Contacontos en directo!!!!!



Hoxe as 18:00 h dentro da programación #BibliotecaEnCasa, contacontos en directo, no instagram da Bibliotecas Municipais da Coruña. Non volo perdades!!! Para acceder a información pinchade no enlace que vedes a continuación.




CONTACONTOS EN DIRECTO

jueves, 2 de abril de 2020

Día Mundial do Autismo- Alumnos e alumnas de SEXTO

Os nenos e nenas de sexto do CEIP Gregorio Sanz, sempre tan solidarios,  xa empezaron a enviar os seus símbolos do infinito para conmemorar O Día Mundial do Autismo.















Día do libro infantil

Hoxe xoves 2 de abril, as 5 da tarde,  temos unha cita con Paco Nogueiras para celebrar o día do libro infantil, imos facer todos/as xuntos/as un concerto en grupo.

Para acceder tedes que pinchar no seguinte enlace.




CELEBRA O DÍA DO LIBRO INFANTIL CON PACO NOGUEIRAS!!!

miércoles, 1 de abril de 2020

Día mundial do autismo!!!!!

Hoxe eliximos a cor azul.

Con motivo da celebración do Día Munidal da Concienciación Sobre o Autismo, que será mañá 2 de abril, queremos que todos e todas os/as que o desexedes, participedes facendo o voso infinito. Para elaboralo podedes utilizar calquera material que teñades na casa ou simplemente colorear calquera dos debuxos que compartimos no enlace que tedes máis abaixo. (idea de la fundación conectea)

Animádesvos!!!!!!


PINCHA AQUÍ E DESCARGA O TEU INFINITO

martes, 31 de marzo de 2020

Un conto para todos e todas!!


Nunha pequena cidade, viviu fai moito tempo un xastriño que traballaba tódolos días cosendo e remendando...

Os bolechas!!!

Paro os nenos e nenas de 8 e 9 anos. As miñas primeiras letras en galego. Hoxe comezamos por... Uxío Novoneira.


Watch video!

Coidado que veñen "Os chibos chibóns"

Esto é o que lles pasou a tres chibos, un grande, outro mediano, e outro pequeno, cun día quixeron cruzar a ponte para comer herba e deron cun ogro.

domingo, 29 de marzo de 2020

Eu non canto por cantar!!

Aqueles que desexan cantar sempre atopan unha canción e como cantar é moi importante, e máis nestes momentos. Alá imos


O virus que perdeu a súa coroa!!


A mellor sopa do mundo!!

Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acesa. Pola cheminea saía fume. Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxanse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa. A medida que van chegando os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas...





A MELLOR SOPA DO MUNDO!!

E seguimos cos contos, hoxe "A vaca que puxo un ovo"

Fala dunha vaca que quere facer algo diferente para destacar sobre as demáis, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas as galiñas. Claro que a envexa non é boa compañeira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira. De e Andy Cutbil
O final é sorprendente!!






Audio libros de Amazon

Unha incríble colección de historias, incluídos títulos en seis idiomas diferentes, que nos axudarán a seguir soñando, aprendendo e divertíndonos. Podes acceder dende o seguinte enlace.

AUDIO LIBROS DE AMAZON

GaliciaLe

A rede de bibliotecas públicas de Galicia facilita as condicións de acceso a súa plataforma que ofrece máis de 4500 títulos de libros, revistas e películas. Abrindo o seu catálogo a toda a poboación de xeito gratuíto.
Aquí os deixamos o enlace.     

                                GaliciaLe

lunes, 23 de marzo de 2020

A casa da mosca chosca

Ola a nenos e nenas, despois do descanso da fin de semana, hoxe voltamos un novo conto popular ruso,  superchuli e moi divertido, a ver que vos parece!!. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto  de merendar. Xa non cabe ninguén máis... pero, alguén peta na porta. (Taxi Roberto Burela)



sábado, 21 de marzo de 2020

Seguimos coa poesía



Xa comezou a primavera e imos celebralo co día da poesía, e mentres esperamos pacientemente, e na casa, volver pronto a normalidade, escoitamos a Antonio García Teijeiro, escritor español en lingua galega dedicado a literatura infantil, recitando unha antoloxía de poemas escritos en galego para nenos e nenas. Saúdos de Brinqui. Vémonos pronto!!!!




Día Internacional da Poesía

Hoxe 21 de marzo celébramos o día internacional da poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüistica e dar oportunidade as linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades e promover a ensinanza da poesía, fomentando a tradición oral dos recitais poéticos.

Foi instaurado pola UNESCO en 1999.

Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María



Pica aquí e descarga a imaxe

Descarga o Arco da Vella e coloréao, logo pégao na túa fiestra. TODO VAI SAIR BEN.

martes, 17 de marzo de 2020

Non me veñas con contos!!

Ola!! como imos estar unha tempada na casa por mor do coronavirus, que mellor que escoitar un conto de vez en cando. E velaí vai o primeiro. (Taxi Roberto Burela)


Contos para escoitar!!


Frederick, de Leo Lionni
Frederick é un inspirador álbum ilustrado do famoso autor de “ Pequeño azul y pequeño amarillo”, todo un clásico da literatura infantil.

Frederick é un rato diferente. Vive coa súa familia, no campo. Cando o inverno chegaba, os ratos empezaron a almacenar millo e noces, trigo e palla. Traballaban noite e día. Todos menos un, Frederick(Taxi Roberto Burela)

Día das bibliotecas escolares

O día 24 de outubro celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.Ese día :

      As MOCHILAS VIAXEIRAS  saíron a percorrer os fogares dende 1º a 6º de Primaria.

      Recollimos o material para facer un MARCAPÁXINAS DE CINE .

      Deuse a coñecer a saga de películas que estarán sobrevoando a biblioteca durante este curso:     HARRY POTTER .




Venres de conto




Os  voluntarios da Biblioteca contan contos nos recreos dos venres durante o primeiro e segundo trimestre. Ven a escoitalos¡¡¡¡







martes, 7 de enero de 2020

Comezamos o segundo trimestre

Benvidos!

Despois dun merecido descanso, comezamos con máis entusiasmo. Viaxaremos, viviremos moitas aventuras, adquiriremos novas aprendizaxes e levaremos a cabo un sifin de retos.

Pero o máis importante farémolo xuntos, con ilusión, con empatía e erguéndonos despois de cada fracaso. Se cerca da biblioteca tedes un xardín xa non vos faltará de nada (Cicerón)