lunes, 6 de junio de 2022

Maios

No colexio traballamos a reo para celebrar "os Maios".

Semana do libro: Actividade Intercentros

Aquí vos deixamos unha mostra da actividade intercentros levada a cabo polo alumnado voluntario da escola oficial de idiomas, o Ies Gamallo Fieros e do CIFP Porta da auga.

jueves, 2 de junio de 2022

Contacontos na aula específica do IES Gamallo Fieros polo alumnado "voluntario-Ler Fóra"

Despois de varios atrancos por mor da pandemia conseguimos ir ao instituto a contar o conto "O casamento da Pulga e o Piollo". Estabanmos agardando con moita ilusión, pasamos unha xornada moi divertida e chea de complicidade.Tivemos a colaboración de Eva a interprete de linguaxe de signos. O que máis nos gustou foi ver a ilusión coa que nos recibiron e de agasallo deronnos uns titeres feitos por eles/as para que seguisemos a preparar obras de teatro. Marchamos co compromiso de voltar con máis contos e coa invitación ao cole para facernos unha visita ou algo de teatro xa que están iniciándose nel.

Maleta de Ciencias da Asesoría de Bibliotecas

Durante un mes o noso alumnado puido gozar lendo e fedellando coa maleta de ciencias que solicitamos a asesoría. Encantoulles o material que nela había. Da gusto velos ler e interesarse pola ciencia. Una experiencia que repetiremos coa petición doutras maletas.

Reto de Abril

Unha vez máis grazas oa noso alumnado e ao profesorado conseguimos acadar o reto de abril e así de fermosa loce a nosa exposición.

IV Concurso de Podcasts – Radio na biblioteca desenvolto pola asesoría de bibliotecas.

Participamos no IV concurso de Podcats da asesoría. Presentamos unha poesía de Hector Cararaville inspirado na Obra de Florencio Delgado Gurriarán Homenaxeado este ano nas letras galegas e adaptado polo alumnado de terceiro de primaria.Ademais dun spot publicitario feito polo alumnado de cuarto. Foi unha experiencia moi enriquecedora.

viernes, 22 de abril de 2022

Nova plataforma dixital E-LBE.2

Consiste nunha plataforma de préstamo dixital de balde. Pretende que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital favorecendo a mellora da competencia e dos hábitos de lectura entre os máis novos.
No caso de ter calquer dúbida ou problema coa solicitude de acceso non dubidedes en poñervos en contacto co equipo de biblioteca que vos axudaremos encantados.

miércoles, 20 de abril de 2022

Estacións de aprendizaxe

Acabamos de decatarnos que non publicaramos esta entrada. Nela podedes ver o ben que o pasaron polo Nadal os nenos e nenas de segundo A nunha sesión chea de novidades: realidade aumentada,programación con Lego Spike Essential, Robots e grafismo creativo.

Colaboración Ceip Celso Currás

Como cada mes doamos un lote de revistas "Sapos e Princesas" aos nenos e nenas do Ceip Celso Currás de Trabada. Con isto pretendemos que esta revista chegue a máis fogares e que tanto cativos/as como adultos/as gocen dun ratiño de lectura.

lunes, 18 de abril de 2022

Concurso Atrapa Retos de SM

Unha aula do noso colexio participou durante uns meses no concurso "Atrapa Retos 2" da editorial SM e a través da app "Smile and Learning". Semanalmente tiñamos un reto dunha das catro áreas que se traballaban que eran: lingua castelá, matemáticas, ciencias sociais e ciencias naturais. A través deste concurso fomos repasando conceptos que xa deramos nestas materias, ademais de realizar exercicios de concentración e atención, scaperoom entre outros. O alumnado pasouno mi ben traballando en equipo. Primeiro podían practicar cada grupo na súa tablet, repasar e por último competir. Sen dúbida foi unha experiencia moi gratificante que o curso que ven volveremos a repetir para seguir aprendendo ao tempo que nos divertimos.

domingo, 17 de abril de 2022

Creacións con Lego 2º A

Nova xornada do alumnado de segundo coa robótica da man de Lego. Nesta sesión cada grupo tivo que construir cousas diferentes e despois puideron ver como quedaron as dos demais grupos. Cooperar, compartir, programar de xeito moi divertido tamén se alcanzan estes obxectivos.

Reto de abril na biblioteca: "En abril pareados mil"

Coa chegada de abril, da primaveira ao equipo de biblioteca ocorreuselle o seguinte reto titulado " En abril pareados mil".Adicando deste xeito este mes a poesía co traballo nas aulas dos pareados. Con todos eles formaremos un fermoso mural que decorará o noso corredor.

viernes, 8 de abril de 2022

Alumnado Voluntario: Ler fóra

O xoves 7 de abril o alumnado voluntario do programa Ler fóra participou na biblioteca municipal lendo e escenificando dous contos titulados: " Yo voy conmigo" e " Yo soy". Como público contamos co alumnado de terceiro do Colegio Sagrado Corazón de Ribadeo. Fixérono xenial!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra mentres preparamos os vídeos.

miércoles, 6 de abril de 2022

Sesión de Robótica de terceiro A

O alumnado de terceiro A gozou dotra sesión de robótica, nela aprenderon xogando. Formaron os equipos, elexiron a construcción a realizar e puxéronse mans a obra.Este foi o resultado. Gran traballo!

martes, 5 de abril de 2022

Nova sesión de Robótica " O superminigolf"

Aquí tedes unha mostra dos avances que van facendo os nenos e nenas de segundo A en torno á robótica. Con Lego aprenden ao tempo que se divirten e non vexades como celebran os seus logros. Traballo en equipo, concentración, atención, orde, programación... estes son algúns dos items que o alumnado adquire realizando este tipo de actividades. Noraboa!, Superminigolf conseguido.

lunes, 4 de abril de 2022

Nova entrega de "Sapos y Princesas"

Hoxe recibimos no cole unha nova entrega da revista " Sapos y Princesas", despois de repartilas todo o noso alumnado levouna para os seus fogares. Así de ben posaban algún dos nenos e nenas do cole coa súa revista.

viernes, 1 de abril de 2022

Reto de Marzo: Convidamos ás Familias " A ter a palabra" na nosa biblioteca

Na biblioteca O lar de Brinqui continuamos co proxecto "A volta ao mundo en 175 días". Queremos que no reto do mes de marzo as familias sexan as verdadeiras protagonistas. No mundo existe unha enorme tradición de contos narrados aos nenos e nenas. Ese hábito é o que queremos manter na nosa biblioteca e para iso, convidamos a todas as familias do Ceip Gregorio Sanz “A ter a palabra” na nosa biblioteca escolar.
Chegou o mes de abril cargadiño de podcast. Brinqui estivo organizando todos os contos ou lendas que nos foron chegando:
A familia de Martín F.F. 4º E.I. (A) envía un conto de tradición oral tradicional da zona de Abadín recollido hai uns anos e q forma parte do libro "A fala dos brañegos" publicado pola Deputación de Lugo. Tocalle a quenda a familia de Pablo E.V. 4º E.I. acheganos unha lenda africana titulada"A pel dos cocodrilos". A familia de Vera E.V. de 1º A fixonos chegar unha lenda do Perú titulada "A mazorca de ouro". Agora chega o momento da familia de Alexander P.S. de 5º de E.I. co conto "Rin, Rin renacuajo" procedente de Colombia. Nesta ocasión a familia de Inti e Antuan de 1º E.P. e 4º E.I. envían "La broma de Coquena" procedente da provincia de Salta- Argentina. Chega a quenda da Familia de Delia N.A. de 5º E.I. co seu conto " El unicornio Mágico" A familia de Natalia Andrea P.S. de 5ºA conta a lenda " La leyenda de la sirena del Río Guatapurí de Valledupar, Colombia. Para seguir contamos coa familia de Martín L.G. de 2ºB coa lenda " O trasno e a ola de ouro" procedente de Irlanda. Nesta ocasión a familia de Marina F.G. de 1º E.P. (A) achéganos "Martisor" procedente de Rumanía. A familia de Marco N.F. de 6º E.I. (B) achéganos " O coelliño branco" procedencia España. Aquí temos unha nova entrega, a familia de Andrés L.G. de 5ºE.P.(B) achéganos "Verdadeiro e falso" conto procedente de Noruega. Nova achega, neste caso a familia de Lucas J.F.DE 5º E.I.(B) con " Olelé, Moliba Makasi" conto tradicional Congoleño. A familia de Carmen N.F. 5ºE.P. (A) achega "El Pez Arcoiris" procedencia España. Nesta ocasión a familia de Sara S.O.G. de 6º E.P.(B) fainos chegar o conto "A cebra Camila" procedente de España. Chega o quenda da familia de Cidre N.G. de 1º E.P. (B) coa lenda "Os biosbardos" procedente de Galicia. Agora a familia de Joel L.M. de 2º E.P. (B) achega a "lenda da Maruxaina" procedente de San Cibrao-Lugo. Nesta ocasión a familia de Xoel N.G. de 6º E.P. (B) fainos chegar a lenda o "Arco da lúa" procedente de Galicia. A continuación a familia de Zoe(3º E.P. A) e Ebe (5ºE.I. B) de D.M. envían o conto " A pega e o raposo". Este conto foi recopilado en Sego, Artes, Ribeira (A Coruña) por Manuel Axeitos Pérez. A familia de David 4ºE.P. (B) traenos agora a lenda "Searila" procedente de Seares, Castropol, Asturias. Chega a quenda da familia de Amanda V. P. de 1º E.P.(B) coa lenda Austaliana "O koala e o emú". Para rematar, dende a biblioteca dámosvos as grazas xa que sen a vosa participación non sería posible ter conseguido este reto. Como agasallo deixamos este podcast elaborado por un membro do equipo de biblioteca.

jueves, 24 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar esta data todo o cole realizou traballos coa prensa. Na biblioteca montamos o "Quiosco de Brinqui" no que todo o alumnado pude ver prensa local, nacional e internacional. Así como consultar as diversas seccións que teñen os xornais. Ademais o Quiosco contaba con revistas de todo tipo de cociña, de viaxes, de música, de historia, de temática infantil. Completouse este quiosco coas revistas e xornais aos que estamos subscritos "O Papagaio" e "Sapos y Princesas". Os cursos de 4º, 5º e 6º tiveron a misión de localizar na prensa noticias onde as protagonistas fóran mulleres. En Infantil, 1º, 2º e 3º converteronse en "Xorna Artistas" elaborando creacións con xornais. Aquí vos deixamos un pequeno resumo de todas estas actividades.

domingo, 20 de marzo de 2022

TEATRO REALIZADO POLO ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA

Aquí tedes a obra de teatro que o alumnado voluntario da biblioteca preparou con tanto agarimo para todos vós. Foron moitos días de ensaio ata que saiu a perfección. Non podemos estar máis satisfeitos co resultado. Mirade!!

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe conmemoramos na escola o "Día Internacional da Muller" para iso realizamos un mural con algunhas mulleres que deron a volta ao mundo, iso si todas elas galegas. Ademais na biblioteca seleccionamos unha serie de libros en galego e castelán referentes a este día. Que importante é seguir concienciando e traballando sobre igualdade.

BOLSIÑAS QUE VEÑEN E VAN

Aquí temos outra clase de infantil posando coas súas bolsiñas. Todas elas cheas de libros para compartir coas súas familias.

sábado, 12 de marzo de 2022

Contacontos "El árbol de la amistad". Alumnado voluntario de la biblioteca

Nesta ocasión o alumnado voluntario da biblioteca realizou un contacontos do maravilloso conto "El árbol de la amistad".Esperamos que vos guste tanto como a nós.

BOLSAS QUE VEÑEN E VAN

As bolsiñas viaxeiras de 6º de infantil comezaron a súa andaina polas casas.O alumnado de infantil estaba moi contento de poder compartir lectura coas súas familias.

miércoles, 9 de marzo de 2022

Mochilas viaxeiras explicadas polo alumnado voluntario da biblioteca

Aquí vos deixamos o vídeo explicativo de como funcionan as mochilas viaxeiras.Esta explicación está feita polo alumnado voluntario da biblioteca.

martes, 8 de marzo de 2022

DÍA DA LINGUA MATERNA

Para conmemorar o día da lingua materna fixemos un percorrido por todas as nacionalidades do noso alumnado seguindo o fío conductor deste ano "A volta ao mundo en 175 días". Para iso fixemos un gran mapa no que se ía acendendo unha luz por cada un dos nenos e nenas de cada nacionalidade ou dos seus proxenitores.

miércoles, 23 de febrero de 2022

Rosalía de Castro

Hoxe é o aniversario dunha das grandes escritoras galegas, Rosalía de Castro. Para celebrar o seu aniversario estivemos traballando durante varios días no cole, primeiro lemos poemas dela, escollemos un por aula e despois tivemos que recitalo e realizar un debuxo que reflexase o que nos inspiraba o poema. Sairon cousas moi fermosas, cheas de sentimento. Para rematar creamos uns carteis aos que lle engadimos un código QR e repartímolos pola vila para que todas e todas puidésedes ver o noso traballo. Foi incrible a implicación de todos os mestres e mestras do cole e dos alumnos e alumnas. Para queles que non podedes saír a rúa e si vos gustaría poder velos e escoitalos aquí volos deixamos, agardamos que gocedes dun feliz día de Rosalía de Castro cheo de poesía e cor.

martes, 22 de febrero de 2022

Cine: Solan &Eri. Misión a la Luna

Hoxe o alumnado de cuarto gozou dunha xornada de cine.Na película descubriron as artimañas que varios personaxes levaban a cabo para poder ser os gañadores dunha viaxe a Lúa. Pasárono xenial!

lunes, 21 de febrero de 2022

Podcasts do alumnado de primeiro

O alumnado de primeiro recita a Rosalía de Castro a través de Podcasts. Alumnado 1ºA Alumnado 1ºB

viernes, 18 de febrero de 2022

ENTROIDO

Aquí voy deixamos os mandadiños do Meco para que poidades ir preparando todo para pasalo fenomenal a próxima semana. Animádevos a participar!!!
Aquí podedes ver cada un dos disfraces das distintas aulas, cada aula elaborou o disfraz do seu país e unha pequeñna coreografía. Estreamos o croma para poder trasladarnos aos diferentes lugares do mundo. Velaquí tedes o vídeo.

miércoles, 16 de febrero de 2022

viernes, 11 de febrero de 2022

11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe no cole conmemoramos unha data moi especial, xa que dende 2015 se estableceu este día como o "Día Internacional da muller e a nena na ciencia". Despois de semanas investigando a diferentes mulleres científicas observamos cantas cousas descubriron, cantos anos fai que hai mulleres científicas. Para iso tivemos como base o libro: " Las chicas son de ciencias, 25 científicas que cambiaron el mundo". Coa información reollida elaboramos uns fermosos camafeos no que se recollía o nome da científica, a data de nacemento, cales foron os seus maiores logros, e unha imaxe para que puidesemos poñerlles cara. Quedounos un mural ven fermoso. Aquí vos deixamos unha presentación que visualizou o noso alumnado e un vídeo do mural: "Mulleres do mundo na ciencia" seguindo a temática deste ano: "A volta ao mundo en 175 días". Desexamos que vos guste!

lunes, 7 de febrero de 2022

COLABORACIÓN COA REVISTA "SAPOS E PRINCESAS"

Dende hoxe o noso alumnado gozará da revista "Sapos e Princesas" de xeito mensual e gratuito. Foi un acordo ao que chegamos dende a biblioteca do Ceip Gregorio Sanz con eles, incorporándonos así a súa rede de distribución. Brinqui a nosa mascota non pode estar máis ledo. Desexamos que vos guste tanto como a nós

miércoles, 2 de febrero de 2022

VOLUNTARIADO

O alumnado voluntario comezou o seu traballo con moita ilusión e entusiasmo. A súa primeira tarefa consistiu na distribución as mochilas viaxeiras polas diferentes aulas de primaria. Neste día tan importante contaron coa compaña de Brinqui a nosa mascota que non podía estar máis ledo. A saída de ditas mochilas retrasouse un chisco debido a situación epidemiolóxica e a renovación dos materias que van nela aportando recentes publicacións tanto para o alumnado como para as familias. Esperamos que gocedes moito das lecturas que dende o equipo de biblioteca seleccionamos, favorecendo momentos de lectura en familia. Estes intres soen resultar moi positivos e gratificantes, ademais de contribuir ao proceso de aprendizaxe dos vosos fillos e fillas.

lunes, 31 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Para conmemorar este día os equipos de biblioteca e extraescolares subiron diversos recursos a aula virrtual para que os titores os puidesen empregar nas súas titorías. Había información sobre o día, recursos para facer manualidades, curtas, contos... Pero tamén fixemos unha parada en Xapón e coñecimos a lenda das mil grúas, realizamos obradoiros para ensinar a facelas, invitamos ás familias a participar dende a casa achegando as grúas que fixeran e elaboramos entre todo o cole un mapamundi moi fermoso co lema"Xuntos melloramos o mundo", aquí vos deixamos un vídeo no que se pode ver un pequeno resumo de todo o que o noso alumnado traballou.

miércoles, 26 de enero de 2022

26 DE XANEIRO DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

A biblioteca do cole está a colaborar co programa "Voz Natura" no "Eco reto de xaneiro: divulgamos" e así de fermoso loce o stand que temos preparado con libros desta temática. Animádevos a consultalos!!!

martes, 25 de enero de 2022

CONCURSO PILABOT

Dende a bilioteca estamos a impulsar a participación no concurso Pilabot, tratando de concienciar ao alumnado e as súas familias da importancia que ten no noso día a día a reciclaxe. Partipade e axudade ao noso colexio a ser o que máis pilas recicle.

jueves, 20 de enero de 2022

Nadal

Tiñamos pendente de subir todo o que traballamos nesta data, que non foi pouco. O Nadal e tempo de agasallos, de compartir pero tamén de experimentar e investigar. Fixemos unha morea de cousasinvestigamos sobre as diferentes persoaxes do mundo relacionadas co nadal, fixemos decoración de portas cos perxonaxes, fermosas guirnaldas sobre os mesmos para decorar o noso cole.Coñecemos costumes e tradicións doutros paises mediante diversas lecturas e ata elaboramos un libro con todo o que investigamos sobre os diferentes persoaxes, tivemos a visita do Apalpador,fixemos caricaturas.Tivemos obradoiros de realidade aumentada na que poder ver os noso xoguetes favoritos, obradoiros de grafismo navideño, fermosas manualidades, empregamos o super doc e seguimos gozando dos Lego. O que non podían faltar son as recomendacións de lectura por se as súas Maxestades, o Apalpador, ou Papá Noel querían deixarnos un libro.