martes, 31 de marzo de 2020

Un conto para todos e todas!!


Nunha pequena cidade, viviu fai moito tempo un xastriño que traballaba tódolos días cosendo e remendando...

Os bolechas!!!

Paro os nenos e nenas de 8 e 9 anos. As miñas primeiras letras en galego. Hoxe comezamos por... Uxío Novoneira.


Watch video!

Coidado que veñen "Os chibos chibóns"

Esto é o que lles pasou a tres chibos, un grande, outro mediano, e outro pequeno, cun día quixeron cruzar a ponte para comer herba e deron cun ogro.

domingo, 29 de marzo de 2020

Eu non canto por cantar!!

Aqueles que desexan cantar sempre atopan unha canción e como cantar é moi importante, e máis nestes momentos. Alá imos


O virus que perdeu a súa coroa!!


A mellor sopa do mundo!!

Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acesa. Pola cheminea saía fume. Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxanse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa. A medida que van chegando os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas...





A MELLOR SOPA DO MUNDO!!

E seguimos cos contos, hoxe "A vaca que puxo un ovo"

Fala dunha vaca que quere facer algo diferente para destacar sobre as demáis, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas as galiñas. Claro que a envexa non é boa compañeira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira. De e Andy Cutbil
O final é sorprendente!!






Audio libros de Amazon

Unha incríble colección de historias, incluídos títulos en seis idiomas diferentes, que nos axudarán a seguir soñando, aprendendo e divertíndonos. Podes acceder dende o seguinte enlace.

AUDIO LIBROS DE AMAZON

GaliciaLe

A rede de bibliotecas públicas de Galicia facilita as condicións de acceso a súa plataforma que ofrece máis de 4500 títulos de libros, revistas e películas. Abrindo o seu catálogo a toda a poboación de xeito gratuíto.
Aquí os deixamos o enlace.     

                                GaliciaLe

lunes, 23 de marzo de 2020

A casa da mosca chosca

Ola a nenos e nenas, despois do descanso da fin de semana, hoxe voltamos un novo conto popular ruso,  superchuli e moi divertido, a ver que vos parece!!. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto  de merendar. Xa non cabe ninguén máis... pero, alguén peta na porta. (Taxi Roberto Burela)



sábado, 21 de marzo de 2020

Seguimos coa poesía



Xa comezou a primavera e imos celebralo co día da poesía, e mentres esperamos pacientemente, e na casa, volver pronto a normalidade, escoitamos a Antonio García Teijeiro, escritor español en lingua galega dedicado a literatura infantil, recitando unha antoloxía de poemas escritos en galego para nenos e nenas. Saúdos de Brinqui. Vémonos pronto!!!!




Día Internacional da Poesía

Hoxe 21 de marzo celébramos o día internacional da poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüistica e dar oportunidade as linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades e promover a ensinanza da poesía, fomentando a tradición oral dos recitais poéticos.

Foi instaurado pola UNESCO en 1999.

Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María



Pica aquí e descarga a imaxe

Descarga o Arco da Vella e coloréao, logo pégao na túa fiestra. TODO VAI SAIR BEN.

martes, 17 de marzo de 2020

Non me veñas con contos!!

Ola!! como imos estar unha tempada na casa por mor do coronavirus, que mellor que escoitar un conto de vez en cando. E velaí vai o primeiro. (Taxi Roberto Burela)


Contos para escoitar!!


Frederick, de Leo Lionni
Frederick é un inspirador álbum ilustrado do famoso autor de “ Pequeño azul y pequeño amarillo”, todo un clásico da literatura infantil.

Frederick é un rato diferente. Vive coa súa familia, no campo. Cando o inverno chegaba, os ratos empezaron a almacenar millo e noces, trigo e palla. Traballaban noite e día. Todos menos un, Frederick(Taxi Roberto Burela)

Día das bibliotecas escolares

O día 24 de outubro celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.Ese día :

      As MOCHILAS VIAXEIRAS  saíron a percorrer os fogares dende 1º a 6º de Primaria.

      Recollimos o material para facer un MARCAPÁXINAS DE CINE .

      Deuse a coñecer a saga de películas que estarán sobrevoando a biblioteca durante este curso:     HARRY POTTER .




Venres de conto




Os  voluntarios da Biblioteca contan contos nos recreos dos venres durante o primeiro e segundo trimestre. Ven a escoitalos¡¡¡¡