lunes, 6 de junio de 2022

Maios

No colexio traballamos a reo para celebrar "os Maios".

Semana do libro: Actividade Intercentros

Aquí vos deixamos unha mostra da actividade intercentros levada a cabo polo alumnado voluntario da escola oficial de idiomas, o Ies Gamallo Fieros e do CIFP Porta da auga.

jueves, 2 de junio de 2022

Contacontos na aula específica do IES Gamallo Fieros polo alumnado "voluntario-Ler Fóra"

Despois de varios atrancos por mor da pandemia conseguimos ir ao instituto a contar o conto "O casamento da Pulga e o Piollo". Estabanmos agardando con moita ilusión, pasamos unha xornada moi divertida e chea de complicidade.Tivemos a colaboración de Eva a interprete de linguaxe de signos. O que máis nos gustou foi ver a ilusión coa que nos recibiron e de agasallo deronnos uns titeres feitos por eles/as para que seguisemos a preparar obras de teatro. Marchamos co compromiso de voltar con máis contos e coa invitación ao cole para facernos unha visita ou algo de teatro xa que están iniciándose nel.

Maleta de Ciencias da Asesoría de Bibliotecas

Durante un mes o noso alumnado puido gozar lendo e fedellando coa maleta de ciencias que solicitamos a asesoría. Encantoulles o material que nela había. Da gusto velos ler e interesarse pola ciencia. Una experiencia que repetiremos coa petición doutras maletas.

Reto de Abril

Unha vez máis grazas oa noso alumnado e ao profesorado conseguimos acadar o reto de abril e así de fermosa loce a nosa exposición.

IV Concurso de Podcasts – Radio na biblioteca desenvolto pola asesoría de bibliotecas.

Participamos no IV concurso de Podcats da asesoría. Presentamos unha poesía de Hector Cararaville inspirado na Obra de Florencio Delgado Gurriarán Homenaxeado este ano nas letras galegas e adaptado polo alumnado de terceiro de primaria.Ademais dun spot publicitario feito polo alumnado de cuarto. Foi unha experiencia moi enriquecedora.

viernes, 22 de abril de 2022

Nova plataforma dixital E-LBE.2

Consiste nunha plataforma de préstamo dixital de balde. Pretende que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital favorecendo a mellora da competencia e dos hábitos de lectura entre os máis novos.
No caso de ter calquer dúbida ou problema coa solicitude de acceso non dubidedes en poñervos en contacto co equipo de biblioteca que vos axudaremos encantados.

miércoles, 20 de abril de 2022

Estacións de aprendizaxe

Acabamos de decatarnos que non publicaramos esta entrada. Nela podedes ver o ben que o pasaron polo Nadal os nenos e nenas de segundo A nunha sesión chea de novidades: realidade aumentada,programación con Lego Spike Essential, Robots e grafismo creativo.

Colaboración Ceip Celso Currás

Como cada mes doamos un lote de revistas "Sapos e Princesas" aos nenos e nenas do Ceip Celso Currás de Trabada. Con isto pretendemos que esta revista chegue a máis fogares e que tanto cativos/as como adultos/as gocen dun ratiño de lectura.

lunes, 18 de abril de 2022

Concurso Atrapa Retos de SM

Unha aula do noso colexio participou durante uns meses no concurso "Atrapa Retos 2" da editorial SM e a través da app "Smile and Learning". Semanalmente tiñamos un reto dunha das catro áreas que se traballaban que eran: lingua castelá, matemáticas, ciencias sociais e ciencias naturais. A través deste concurso fomos repasando conceptos que xa deramos nestas materias, ademais de realizar exercicios de concentración e atención, scaperoom entre outros. O alumnado pasouno mi ben traballando en equipo. Primeiro podían practicar cada grupo na súa tablet, repasar e por último competir. Sen dúbida foi unha experiencia moi gratificante que o curso que ven volveremos a repetir para seguir aprendendo ao tempo que nos divertimos.

domingo, 17 de abril de 2022

Creacións con Lego 2º A

Nova xornada do alumnado de segundo coa robótica da man de Lego. Nesta sesión cada grupo tivo que construir cousas diferentes e despois puideron ver como quedaron as dos demais grupos. Cooperar, compartir, programar de xeito moi divertido tamén se alcanzan estes obxectivos.

Reto de abril na biblioteca: "En abril pareados mil"

Coa chegada de abril, da primaveira ao equipo de biblioteca ocorreuselle o seguinte reto titulado " En abril pareados mil".Adicando deste xeito este mes a poesía co traballo nas aulas dos pareados. Con todos eles formaremos un fermoso mural que decorará o noso corredor.

viernes, 8 de abril de 2022

Alumnado Voluntario: Ler fóra

O xoves 7 de abril o alumnado voluntario do programa Ler fóra participou na biblioteca municipal lendo e escenificando dous contos titulados: " Yo voy conmigo" e " Yo soy". Como público contamos co alumnado de terceiro do Colegio Sagrado Corazón de Ribadeo. Fixérono xenial!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra mentres preparamos os vídeos.

miércoles, 6 de abril de 2022

Sesión de Robótica de terceiro A

O alumnado de terceiro A gozou dotra sesión de robótica, nela aprenderon xogando. Formaron os equipos, elexiron a construcción a realizar e puxéronse mans a obra.Este foi o resultado. Gran traballo!

martes, 5 de abril de 2022

Nova sesión de Robótica " O superminigolf"

Aquí tedes unha mostra dos avances que van facendo os nenos e nenas de segundo A en torno á robótica. Con Lego aprenden ao tempo que se divirten e non vexades como celebran os seus logros. Traballo en equipo, concentración, atención, orde, programación... estes son algúns dos items que o alumnado adquire realizando este tipo de actividades. Noraboa!, Superminigolf conseguido.

lunes, 4 de abril de 2022

Nova entrega de "Sapos y Princesas"

Hoxe recibimos no cole unha nova entrega da revista " Sapos y Princesas", despois de repartilas todo o noso alumnado levouna para os seus fogares. Así de ben posaban algún dos nenos e nenas do cole coa súa revista.

viernes, 1 de abril de 2022

Reto de Marzo: Convidamos ás Familias " A ter a palabra" na nosa biblioteca

Na biblioteca O lar de Brinqui continuamos co proxecto "A volta ao mundo en 175 días". Queremos que no reto do mes de marzo as familias sexan as verdadeiras protagonistas. No mundo existe unha enorme tradición de contos narrados aos nenos e nenas. Ese hábito é o que queremos manter na nosa biblioteca e para iso, convidamos a todas as familias do Ceip Gregorio Sanz “A ter a palabra” na nosa biblioteca escolar.
Chegou o mes de abril cargadiño de podcast. Brinqui estivo organizando todos os contos ou lendas que nos foron chegando:
A familia de Martín F.F. 4º E.I. (A) envía un conto de tradición oral tradicional da zona de Abadín recollido hai uns anos e q forma parte do libro "A fala dos brañegos" publicado pola Deputación de Lugo. Tocalle a quenda a familia de Pablo E.V. 4º E.I. acheganos unha lenda africana titulada"A pel dos cocodrilos". A familia de Vera E.V. de 1º A fixonos chegar unha lenda do Perú titulada "A mazorca de ouro". Agora chega o momento da familia de Alexander P.S. de 5º de E.I. co conto "Rin, Rin renacuajo" procedente de Colombia. Nesta ocasión a familia de Inti e Antuan de 1º E.P. e 4º E.I. envían "La broma de Coquena" procedente da provincia de Salta- Argentina. Chega a quenda da Familia de Delia N.A. de 5º E.I. co seu conto " El unicornio Mágico" A familia de Natalia Andrea P.S. de 5ºA conta a lenda " La leyenda de la sirena del Río Guatapurí de Valledupar, Colombia. Para seguir contamos coa familia de Martín L.G. de 2ºB coa lenda " O trasno e a ola de ouro" procedente de Irlanda. Nesta ocasión a familia de Marina F.G. de 1º E.P. (A) achéganos "Martisor" procedente de Rumanía. A familia de Marco N.F. de 6º E.I. (B) achéganos " O coelliño branco" procedencia España. Aquí temos unha nova entrega, a familia de Andrés L.G. de 5ºE.P.(B) achéganos "Verdadeiro e falso" conto procedente de Noruega. Nova achega, neste caso a familia de Lucas J.F.DE 5º E.I.(B) con " Olelé, Moliba Makasi" conto tradicional Congoleño. A familia de Carmen N.F. 5ºE.P. (A) achega "El Pez Arcoiris" procedencia España. Nesta ocasión a familia de Sara S.O.G. de 6º E.P.(B) fainos chegar o conto "A cebra Camila" procedente de España. Chega o quenda da familia de Cidre N.G. de 1º E.P. (B) coa lenda "Os biosbardos" procedente de Galicia. Agora a familia de Joel L.M. de 2º E.P. (B) achega a "lenda da Maruxaina" procedente de San Cibrao-Lugo. Nesta ocasión a familia de Xoel N.G. de 6º E.P. (B) fainos chegar a lenda o "Arco da lúa" procedente de Galicia. A continuación a familia de Zoe(3º E.P. A) e Ebe (5ºE.I. B) de D.M. envían o conto " A pega e o raposo". Este conto foi recopilado en Sego, Artes, Ribeira (A Coruña) por Manuel Axeitos Pérez. A familia de David 4ºE.P. (B) traenos agora a lenda "Searila" procedente de Seares, Castropol, Asturias. Chega a quenda da familia de Amanda V. P. de 1º E.P.(B) coa lenda Austaliana "O koala e o emú". Para rematar, dende a biblioteca dámosvos as grazas xa que sen a vosa participación non sería posible ter conseguido este reto. Como agasallo deixamos este podcast elaborado por un membro do equipo de biblioteca.

jueves, 24 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar esta data todo o cole realizou traballos coa prensa. Na biblioteca montamos o "Quiosco de Brinqui" no que todo o alumnado pude ver prensa local, nacional e internacional. Así como consultar as diversas seccións que teñen os xornais. Ademais o Quiosco contaba con revistas de todo tipo de cociña, de viaxes, de música, de historia, de temática infantil. Completouse este quiosco coas revistas e xornais aos que estamos subscritos "O Papagaio" e "Sapos y Princesas". Os cursos de 4º, 5º e 6º tiveron a misión de localizar na prensa noticias onde as protagonistas fóran mulleres. En Infantil, 1º, 2º e 3º converteronse en "Xorna Artistas" elaborando creacións con xornais. Aquí vos deixamos un pequeno resumo de todas estas actividades.

domingo, 20 de marzo de 2022

TEATRO REALIZADO POLO ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA

Aquí tedes a obra de teatro que o alumnado voluntario da biblioteca preparou con tanto agarimo para todos vós. Foron moitos días de ensaio ata que saiu a perfección. Non podemos estar máis satisfeitos co resultado. Mirade!!

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe conmemoramos na escola o "Día Internacional da Muller" para iso realizamos un mural con algunhas mulleres que deron a volta ao mundo, iso si todas elas galegas. Ademais na biblioteca seleccionamos unha serie de libros en galego e castelán referentes a este día. Que importante é seguir concienciando e traballando sobre igualdade.