martes, 2 de julio de 2013
miércoles, 24 de abril de 2013
lunes, 15 de abril de 2013
jueves, 20 de diciembre de 2012
Bicentenario
Charles Dickens foi
un escritor británico, nacido en 1812
e que morreu en 1870. Polo tanto este foi o ano do bicentenario do
seu nacemento. Ata
os nove anos, Dickens non recibira ningunha educación formal, foi case un
autodidacta, se se exceptúa o seu paso por unha escola privada, pero pasaba o
tempo lendo: foi un lector voraz, especialmente de libros como Robinson Crusoe e Don Quixote, pouco despois, con doce anos púxose a traballar
nunhas condicións de casi exclavitude, cando a situación da súa familia era
cando menos complicada. Destacou primeiro como cronista, e logo como novelista,
foi quen de retratar magníficamente a dura sociedade na que lle tocou vivir.
Segue a ser un dos escritores de lingua inglesa máis lidos.
Nós
dende a biblioteca do centro imos facerlle unha pequena homenaxe en forma de
adaptación de guión teatral lido por alumnos do centro para os niveis de 4º, 5º
e 6º de primaria.
Ebenezer Scrooge,
o aborrecible egoísta cuxo apelido se empregou nos países de cultura británica
para designar ao típico personaxe avaro,
foi un personaxe moi popular entre os que aparecen nas obras de Charles Dickens. Conto
de Nadal é unha historia entrañable
escrita por este autor, que condena a avaricia e ensalza as máis sinxelas virtudes da
familia e do calor do fogar.
Esta obra foi
publicada a mediados do século XIX e nela nárrase a historia do avaro Mr. Scrooge,
a quen durante unha xélida Noiteboa,
so na súa casa, apareceránselle nunha noite tres espíritus, que representan o seu pasado, o
seu presente e o seu futuro. Tras esta visita e tras visionar a soidade e a morte que lle agardan, debido a que non ten amigos nin
familia e que se encerrou no seu mundo de avaricia, Mr. Scrooge cambiará o seu modo de ver a vida.
Tamén é
recomendable a lectura de Noiteboa de
pantasmas, una adaptación de José
María Pérez Zúñiga da obra de Charles
Dickens Canción de Nadal e con
magníficas ilustracións de Patrick
Benson, publicada pola editorial Vicens
Vives. Este libriño é moi fácil de ler e vaivos encantar.
Palabra de Brinqui.
BO NADAL!
miércoles, 12 de diciembre de 2012
Lecturas recomendadas
O Equipo de Dinamización da Biblioteca escolar e Brinqui elaboraron a lista de lecturas recomendadas, animándovos a que disfrutedes dun Nadal con libros!!!
lunes, 3 de diciembre de 2012
martes, 13 de noviembre de 2012
Novas de Brinqui!
Amigos e amigas:
Ola! Supoño que xa me coñeceredes todos/as.
Ben para quen non se lembre de min son Brinqui, a vosa mascota. Xa que son alguén moi importante para vós, mandáronme comunicarvos unhas cantas cousas:
En primeiro lugar decirvos que o 9 de novembro celebrarase na pista a festa do magosto, á que tedes que asistir. Comeremos castañas! Supoño que na clase faredes un cucurucho de papel para metelas dentro. Case se me esquece!. Mentres comemos castañas estaremos acompañados pola nosa música tradicional galega.
En segundo lugar teño unha moi boa noticia: podedes traer froitos do outono. Xa sei que sodes moi orixinais nos traballos manuais por iso... Sorprendédeme! A data de inicio para traer os froitos xa volo comunicarán os profes.
En último lugar, contoume un paxariño que estades facendo un mural do outono relacionado con catro contos populares e clásicos: O Parrulo feo, Os tres porquiños, Pinocho, Charlie e a fábrica de chocolate. Eu aínda non o vin e estou moi ansioso así que traballade arreo. Non podo esperar máis.
Xa nos vemos no magosto.
Bicos do voso amigo Brinqui. Brinqui.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
