lunes, 18 de abril de 2016

Festexamos o día da poesía, da árbore e da auga



 O material enviado pola Deputación de Lugo serviunos como eixo para artellar unha serie de actividades para conmemorar o día da poesía, da árbore e da auga. Velaquí os dous libros que foron traballados nas aulas de Educación Infantil e Primaria ao longo da semana.




O colofón desta conmemoración foi a gran festa que consistiu en:
- A representación do crecemento dunha pranta por parte de Educación Infantil.
- Lectura de poesías e consellos ecolóxicos dos cursos de Educación Primaria.
- Creación dunha árbore humana como actividade conxunta de todo o Centro.
- Bautismo das prantas e árbores cos nomes propostos polas diferentes clases.
- Plantación das árbores e das flores.









miércoles, 4 de marzo de 2015

ENTROIDO 2015

O 13 de febreiro de 2015 celebramos o Entroido con disfraces relacionados co tema dos alimentos que estamos a traballar durante todo o curso e a nivel de todo o colexio.

DÍA DA PAZ



O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz a nivel de todo o colexio. Neste video podemos ver un resumo das actividades realizadas.
https://www.youtube.com/watch?v=D7kDZ9XjAmg&feature=player_embedded