martes, 17 de marzo de 2020

Non me veñas con contos!!

Ola!! como imos estar unha tempada na casa por mor do coronavirus, que mellor que escoitar un conto de vez en cando. E velaí vai o primeiro. (Taxi Roberto Burela)


Contos para escoitar!!


Frederick, de Leo Lionni
Frederick é un inspirador álbum ilustrado do famoso autor de “ Pequeño azul y pequeño amarillo”, todo un clásico da literatura infantil.

Frederick é un rato diferente. Vive coa súa familia, no campo. Cando o inverno chegaba, os ratos empezaron a almacenar millo e noces, trigo e palla. Traballaban noite e día. Todos menos un, Frederick(Taxi Roberto Burela)

Día das bibliotecas escolares

O día 24 de outubro celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.Ese día :

      As MOCHILAS VIAXEIRAS  saíron a percorrer os fogares dende 1º a 6º de Primaria.

      Recollimos o material para facer un MARCAPÁXINAS DE CINE .

      Deuse a coñecer a saga de películas que estarán sobrevoando a biblioteca durante este curso:     HARRY POTTER .




Venres de conto




Os  voluntarios da Biblioteca contan contos nos recreos dos venres durante o primeiro e segundo trimestre. Ven a escoitalos¡¡¡¡







martes, 7 de enero de 2020

Comezamos o segundo trimestre

Benvidos!

Despois dun merecido descanso, comezamos con máis entusiasmo. Viaxaremos, viviremos moitas aventuras, adquiriremos novas aprendizaxes e levaremos a cabo un sifin de retos.

Pero o máis importante farémolo xuntos, con ilusión, con empatía e erguéndonos despois de cada fracaso. Se cerca da biblioteca tedes un xardín xa non vos faltará de nada (Cicerón)

miércoles, 22 de febrero de 2017

Rosalía_te

Na celebración do Día de Rosalía de Castro o  24 de febreiro, fixado no calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, os alumnos/as  do centro participarán na actividade Rosalía-te que consistirá  no estudo da obra, elaboración dunha carauta de Rosalía e posteriormente  en recitar e cantar poemas: Adiós ríos, Adiós fontesUn repoludo gaiteiro e Negra sombra na biblioteca escolar.

VER IMAXES

viernes, 21 de octubre de 2016

Mochilas viaxeiras: curso 2016-2017




Un ano máis as mochilas viaxeiras saíron do colexio para percorrer as casas do alumnado de Educación Primaria.Nas fotos podedes ver alumnos colaboradores da biblioteca dispostos a repartir as mochilas polas diferentes aulas. Boa viaxe!!!