Hoxe 21 de marzo celébramos o día internacional da poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüistica e dar oportunidade as linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades e promover a ensinanza da poesía, fomentando a tradición oral dos recitais poéticos.
Foi instaurado pola UNESCO en 1999.
Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María
Ola!! como imos estar unha tempada na casa por mor do coronavirus, que mellor que escoitar un conto de vez en cando. E velaí vai o primeiro. (Taxi Roberto Burela)
Frederick
é un inspirador álbum ilustrado do famoso
autor de “ Pequeño azul y pequeño amarillo”, todo un clásico da literatura
infantil.
Frederick é un rato diferente. Vive coa súa
familia, no campo. Cando
o inverno chegaba, os ratos empezaron a almacenar millo e noces, trigo e palla.
Traballaban noite e día. Todos menos un, Frederick. (Taxi Roberto Burela)
Despois dun merecido descanso, comezamos con máis entusiasmo. Viaxaremos, viviremos moitas aventuras, adquiriremos novas aprendizaxes e levaremos a cabo un sifin de retos.
Pero o máis importante farémolo xuntos, con ilusión, con empatía e erguéndonos despois de cada fracaso.
Se cerca da biblioteca tedes un xardín xa non vos faltará de nada (Cicerón)
Na celebración do Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, fixado no calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, os alumnos/as do centro participarán na actividade Rosalía-te que consistirá no estudo da obra, elaboración dunha carauta de Rosalía e posteriormente en recitar e cantar poemas: Adiós ríos, Adiós fontes; Un repoludo gaiteiro e Negra sombra na biblioteca escolar. VER IMAXES