sábado, 21 de marzo de 2020

Seguimos coa poesía



Xa comezou a primavera e imos celebralo co día da poesía, e mentres esperamos pacientemente, e na casa, volver pronto a normalidade, escoitamos a Antonio García Teijeiro, escritor español en lingua galega dedicado a literatura infantil, recitando unha antoloxía de poemas escritos en galego para nenos e nenas. Saúdos de Brinqui. Vémonos pronto!!!!




Día Internacional da Poesía

Hoxe 21 de marzo celébramos o día internacional da poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüistica e dar oportunidade as linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades e promover a ensinanza da poesía, fomentando a tradición oral dos recitais poéticos.

Foi instaurado pola UNESCO en 1999.

Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María



Pica aquí e descarga a imaxe

Descarga o Arco da Vella e coloréao, logo pégao na túa fiestra. TODO VAI SAIR BEN.

martes, 17 de marzo de 2020

Non me veñas con contos!!

Ola!! como imos estar unha tempada na casa por mor do coronavirus, que mellor que escoitar un conto de vez en cando. E velaí vai o primeiro. (Taxi Roberto Burela)


Contos para escoitar!!


Frederick, de Leo Lionni
Frederick é un inspirador álbum ilustrado do famoso autor de “ Pequeño azul y pequeño amarillo”, todo un clásico da literatura infantil.

Frederick é un rato diferente. Vive coa súa familia, no campo. Cando o inverno chegaba, os ratos empezaron a almacenar millo e noces, trigo e palla. Traballaban noite e día. Todos menos un, Frederick. (Taxi Roberto Burela)

Día das bibliotecas escolares

O día 24 de outubro celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.Ese día :

•      As MOCHILAS VIAXEIRAS  saíron a percorrer os fogares dende 1º a 6º de Primaria.

•      Recollimos o material para facer un MARCAPÁXINAS DE CINE .

•      Deuse a coñecer a saga de películas que estarán sobrevoando a biblioteca durante este curso:     HARRY POTTER .




Venres de conto




Os  voluntarios da Biblioteca contan contos nos recreos dos venres durante o primeiro e segundo trimestre. Ven a escoitalos¡¡¡¡







martes, 7 de enero de 2020

Comezamos o segundo trimestre

Benvidos!

Despois dun merecido descanso, comezamos con máis entusiasmo. Viaxaremos, viviremos moitas aventuras, adquiriremos novas aprendizaxes e levaremos a cabo un sifin de retos.

Pero o máis importante farémolo xuntos, con ilusión, con empatía e erguéndonos despois de cada fracaso. Se cerca da biblioteca tedes un xardín xa non vos faltará de nada (Cicerón)