domingo, 29 de marzo de 2020
A mellor sopa do mundo!!
Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acesa. Pola cheminea saía fume. Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxanse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa. A medida que van chegando os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas...
A MELLOR SOPA DO MUNDO!!
E seguimos cos contos, hoxe "A vaca que puxo un ovo"
Fala dunha vaca que quere facer algo diferente para destacar sobre as demáis, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas as galiñas. Claro que a envexa non é boa compañeira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira. De e Andy Cutbil
O final é sorprendente!!
O final é sorprendente!!
Audio libros de Amazon
Unha incríble colección de historias, incluídos títulos en seis idiomas diferentes, que nos axudarán a seguir soñando, aprendendo e divertíndonos. Podes acceder dende o seguinte enlace.AUDIO LIBROS DE AMAZON
lunes, 23 de marzo de 2020
A casa da mosca chosca
Ola a nenos e nenas, despois do descanso da fin de semana, hoxe voltamos un novo conto popular ruso, superchuli e moi divertido, a ver que vos parece!!. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis... pero, alguén peta na porta. (Taxi Roberto Burela)
sábado, 21 de marzo de 2020
Seguimos coa poesía
Xa comezou a primavera e imos celebralo co día da poesía, e mentres esperamos pacientemente, e na casa, volver pronto a normalidade, escoitamos a Antonio García Teijeiro, escritor español en lingua galega dedicado a literatura infantil, recitando unha antoloxía de poemas escritos en galego para nenos e nenas. Saúdos de Brinqui. Vémonos pronto!!!!
Día Internacional da Poesía
Hoxe 21 de marzo celébramos o día internacional da poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüistica e dar oportunidade as linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades e promover a ensinanza da poesía, fomentando a tradición oral dos recitais poéticos.
Foi instaurado pola UNESCO en 1999.
Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María
Pica aquí e descarga a imaxe
Foi instaurado pola UNESCO en 1999.
Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María
Pica aquí e descarga a imaxe
Descarga o Arco da Vella e coloréao, logo pégao na túa fiestra. TODO VAI SAIR BEN.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

