Día Universal da Infancia - Kizoa Movie Maker
lunes, 29 de noviembre de 2021
Día Universal da Infancia
O 20 de novembro conmemoramos o Día Universal da infancia. Para iso o equipo de biblioteca facilitou materiais para que os titores e as titoras puidesen traballar sobre ese tema tan importante. Entre os materiais facilitados habís información sobre os dereitos e tamén os deberos dos nenos e nenas, manualidades, cancións... Foi unha xornada moi reflexiva para todo o alumnado e moi entretida, mirade, mirade!
Día Universal da Infancia - Kizoa Movie Maker
Día Universal da Infancia - Kizoa Movie Maker
miércoles, 24 de noviembre de 2021
Visita do Comemedos
A nosa mascota, Brinqui, tivo unha visita inesperada polo Samaín. O seu amigo o Comemedos decidiu vir visitalo, e de paso levarse todos os medos dos nenos e nenas do cole. Para iso tivemos que traballar arreo, falamos nas aulas dos nosos medos, lemos algúns contos e os máis pequenos do cole debuxaron os seus medos nunhas pantasmas e os máis maiores escribiron os seus medos. A continuación visitaron ao Comemedos para darllos e que se desfixera deles. Aquí podedes ver unha mostra.
COMEMEDOS - Kizoa Movie Maker
COMEMEDOS - Kizoa Movie Maker
domingo, 31 de octubre de 2021
MONSTRUOS E HISTORIAS TERRORÍFICAS
Para conmemorar o Samaín estivemos creando monstros e historias terroríficas ao longo de varios días. Na biblioteca, houbo unha exposicion de libros de Samaín con moitas novidades. Os mestres/as podían empregar estos libros na hora de ler coas rapazas e rapaces para que se motivasen nas súas creacións. Esperamos que non pasedes moito medooooo!.
lunes, 25 de octubre de 2021
24 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
Este ano para conmemorar o Día Internacional da Biblioteca fixemos un fermoso vídeo para que o noso alumnado coñeza o funcionamento da biblioteca e algunhas actividades que se poden realizar nela. As fotos que empregamos son de anos anteriores por iso os rapaces e rapazas saen sen máscara. Agardamos que vos guste.
lunes, 4 de octubre de 2021
MOC MOC
O pasado xoves o alumnado de primeiro gozou dunha mañá moi divertida da man do paiaso "Moc, Moc". Non pararon de rir coas súas ocurrencias.
jueves, 23 de septiembre de 2021
VIAXE NO TEMPO
Hoxe o alumnado de segundo e terceiro gozou dunha mañá de teatro. Dentro do programa o "Concello nos coles". Ler conta moito.Nesta viaxe contamos coa compaña dos Ghazafelhos coa "Máquina do tempo" fixemos unha viaxe a prehistoria, a idade antiga, idade media e a idade moderna. Na que coñecemos cavernícolas, a mona Lusi, faraóns, reis e ata o primeiro home que pisou a Lúa. Aquí vós deixamos unha pequena mostra.
viernes, 17 de septiembre de 2021
BENVIDOS/AS AO CURSO 2021-2022
Chega un novo curso e con el un novo proxecto "A volta ao mundo en 175 días". Así que preparade a equipaxe que en nada despegamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
