lunes, 13 de diciembre de 2021
Audioconto 1ºA
O alumnado de primeiro A recitou un audioconto "O Casamento da Pulga e o Piollo" para que o resto do alumnado poida escoitalo. Agardamos que vos guste moito, fixéronno moi pero que moi ben!
viernes, 10 de diciembre de 2021
Participamos no concurso de Postais do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo
O Centro de Atención a Maiores de Ribadeo fixonos chegar o seu concurso de postais, todo o alumnado participou na elaboración da súa postal e escribiu a súa mensaxe para os maiores. Foron días moi emotivos.
Concursos Postais de Nadal - Kizoa Movie Maker
Concursos Postais de Nadal - Kizoa Movie Maker
3 de decembro Dia Internacional das Persoas con Discapacidade
O tres de decembro conmemoramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade", para iso o equipo de Biblioteca xunto co equipo de Extraescolares seleccionaron diversos materiais para traballar nas titorías. Entre eles varios genially nos que se explica este día tan importante, varias curtometraxes como: "Tamara", "O cazo de Lorenzo", "Ian", "El regalo", "Pip Inuversidad Canina" entre outros... tras o seu visionado reflexionaron nas aulas sobre os mesmos. Ademais facilitáronse diversos recursos como a actividade "Baixo o mesmo Paraugas" na que tiñan que debuxar como sería o seu paraugas.
jueves, 9 de diciembre de 2021
Actuación de Migallas
O pasado venres gozamos da actuación de Migallas co seu espectáculo "Elas contan moito".Con el déronnos a coñecer a catro pintoras de diferentes nacionalidades como Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Yayoi Kusama e Frida Kahlo a que o noso alumnado xa coñecia. Pasámolo xenial e aprendemos unha morea de cousas!
Migallas - Kizoa Movie Maker
Migallas - Kizoa Movie Maker
Iniciándonos na construción de proxectos con movemento da man da programación
Algúns docentes do cole iniciaronse no mundo Spike de Lego cun webinario de Robotix, para aprender e poder trasladar ao alumnado todo o aprendido. A continuación levaron a cabo unhas xornadas prácticas co alumnado. Gustou tanto esta actividade que dende o colexio seguiremos a incluir estas actividades no proceso de ensino aprendizaxe. Non hai nada mellor que aprender pasandoo ben.
lunes, 6 de diciembre de 2021
Constitución e Parlamento
O xoves día 2 de decembro conmemoramos o día da Constitución e o Parlamento cunha gran votación na que participou todo o alumnado.O alumnado de primaria votou os xogos e materiais que deberían conter os "Patios Inclusivos" e os de infantil o seu conto favorito. Foi un día moi emocionante, cheo de nervios xa que era a primeira vez que tiñan que votar. Primeiro tiveron que buscarse no censo e comprobar que podían votar, logo gardar ben o seu carné da biblioteca xa que sería o documento co que se identificarían e chagada a hora ir a mesa correspondente a votar. Ademais o equipo de biblioteca xunto co de extraescolares facilitaron materiais para traballar este tema nas titorias.
jueves, 2 de diciembre de 2021
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O día 25 de novembro celebramos no cole o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para conmemorar este día fixemos diversas actividades, comezamos entrando ao colexio atravesando portas de cor violeta que rápidamente o noso alumnado identificou. Fixemos un obradoiro de chapas en colaboración co Concello de Ribadeo no que cada alumno/alumna fixo o debuxo sobre a violencia de xénero que logo trasladaría a chapa.Ademais o equipo de Biblioteca facilitou diversos materiais as persoas titoras para traballar este día, contos como " ¿hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"Super Lola", Alén loita e acariña facilitado pola súa autora de xeito dixital, "La princesa que no quería comer perdices", algunhas curtas como "el principe ceniciento" ou "cambia el cuento" cos que puideron reflexionar e expresar os seus pensamentos. Despois realizamos diversas manualidades. Foi un día moi enriquecedor para o noso alumnado e a súa implicación foi impresionante.
Obradoiro de chapas 25 Novembro - Kizoa Movie Maker
25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero - Kizoa Movie Maker
Obradoiro de chapas 25 Novembro - Kizoa Movie Maker
25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero - Kizoa Movie Maker
Suscribirse a:
Entradas (Atom)