martes, 13 de noviembre de 2012

Novas de Brinqui!

Amigos e amigas: Ola! Supoño que xa me coñeceredes todos/as. 

Ben para quen non se lembre de min son Brinqui, a vosa mascota. Xa que son alguén moi importante para vós, mandáronme comunicarvos unhas cantas cousas:
En primeiro lugar decirvos que o 9 de novembro celebrarase na pista a festa do magosto, á que tedes que asistir. Comeremos castañas! Supoño que na clase faredes un cucurucho de papel para metelas dentro. Case se me esquece!. Mentres comemos castañas estaremos acompañados pola nosa música tradicional galega. 
En segundo lugar teño unha moi boa noticia: podedes traer froitos do outono. Xa sei que sodes moi orixinais nos traballos manuais por iso... Sorprendédeme! A data de inicio para traer os froitos xa volo comunicarán os profes. 
En último lugar, contoume un paxariño que estades facendo un mural do outono relacionado con catro contos populares e clásicos: O Parrulo feo, Os tres porquiños, Pinocho, Charlie e a fábrica de chocolate. Eu aínda non o vin e estou moi ansioso así que traballade arreo. Non podo esperar máis. Xa nos vemos no magosto. Bicos do voso amigo Brinqui. 


Brinqui.


martes, 19 de junio de 2012

Cenicienta!

Seguindo coa adaptación dos contos clásicos dos irmáns Grimm, nesta ocasión os nenos e nenas de 5º curso representaron "Cenicienta" para o alumnado do 1º Ciclo de Primaria. 

Esta actividade resultou moi atractiva para os nenos e nenas de primeiro, que estiveron moi atentos e disfrutando moito do conto.

Parabéns para todos e todas e moitos ánimos para seguir realizando estas actividades de animación á lectura.

viernes, 8 de junio de 2012

Os músicos de Bremen!

Os nenos e nenas de quinto curso realizaron unha adaptación do conto de Jackob Grimm "Os músicos de Bremen", que narra a historia de catro animais: un burro, un can, un gato e un galo, que viven no poboado de Dibbsersen na Baixa Saxonia de Alemania. Os animais fuxen dos seus donos porque os maltrataban  e deciden realizar unha viaxe a Bremen que resulta toda unha aventura...