domingo, 19 de diciembre de 2021

Charla na biblioteca coas asociacións Terras de Miranda e A Sucadoira

O alumnado de quinto e sexto tiveron unhas charlas coas asociacións Terra de Miranda e A Sucadoira. Nelas explicáronlle a importancia de consumir o produto de proximidade, cales son as ventaxas e as desventaxas que isto conleva en canto a alimentación, a calidade e a prezo. Explicáronlles que os seus produtos véndense nos mercados dos mércores e os domingos en Ribadeo. A continuación puideron ver algúns dos cultivos que teñen na Sucadoira como o boniato, o allo negro entre outros e por último puideron plantar eles e elas a súas sementes para levar a casa. Ademais a Sucadoira ten previsto doar ao comedor os seus excedentes en produtos de proximidade e elaborar carteis que decorarán o noso comedor. Nestas charlas mantivemos os grupos estables de convivencia e os tempos de ventilación seguindo o protocolo establecido.

Terras de Miranda e A Sucadoira - Kizoa Movie Maker

jueves, 16 de diciembre de 2021

Audiocuentos invierno

Aqui vos deixamos tres audiocontos que nos chegaron.

10 de decembro Día Universal dos Dereitos Humanos

O día 10 de decembro no colexio conmemoramos o día Universal dos Dereitos Humanos. Para iso o equipo de biblioteca xunto co equipo de extraescolares facilitou materiais ás titorias a través da aula virtual. Deste xeito o noso alumnado coñeceu que son os dereitos humanos?, cales son? cando se conseguiron? e reflexionaron sobre se eses dereitos son iguais en todos os paises do mundo. Empregando deste xeito o fío conductor deste ano é "A volta ao mundo en 175 días". Para rematar fixeronse algunhas manualidades que nos axudasen a lembrar o aprendido.

lunes, 13 de diciembre de 2021

Audioconto 1ºA

O alumnado de primeiro A recitou un audioconto "O Casamento da Pulga e o Piollo" para que o resto do alumnado poida escoitalo. Agardamos que vos guste moito, fixéronno moi pero que moi ben!

viernes, 10 de diciembre de 2021

Participamos no concurso de Postais do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo

O Centro de Atención a Maiores de Ribadeo fixonos chegar o seu concurso de postais, todo o alumnado participou na elaboración da súa postal e escribiu a súa mensaxe para os maiores. Foron días moi emotivos.

Concursos Postais de Nadal - Kizoa Movie Maker

3 de decembro Dia Internacional das Persoas con Discapacidade

O tres de decembro conmemoramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade", para iso o equipo de Biblioteca xunto co equipo de Extraescolares seleccionaron diversos materiais para traballar nas titorías. Entre eles varios genially nos que se explica este día tan importante, varias curtometraxes como: "Tamara", "O cazo de Lorenzo", "Ian", "El regalo", "Pip Inuversidad Canina" entre outros... tras o seu visionado reflexionaron nas aulas sobre os mesmos. Ademais facilitáronse diversos recursos como a actividade "Baixo o mesmo Paraugas" na que tiñan que debuxar como sería o seu paraugas.

jueves, 9 de diciembre de 2021

Actuación de Migallas

O pasado venres gozamos da actuación de Migallas co seu espectáculo "Elas contan moito".Con el déronnos a coñecer a catro pintoras de diferentes nacionalidades como Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Yayoi Kusama e Frida Kahlo a que o noso alumnado xa coñecia. Pasámolo xenial e aprendemos unha morea de cousas!