Un ano máis as mochilas viaxeiras saíron do colexio para percorrer as casas do alumnado de Educación Primaria.Nas fotos podedes ver alumnos colaboradores da biblioteca dispostos a repartir as mochilas polas diferentes aulas. Boa viaxe!!!
viernes, 21 de octubre de 2016
viernes, 3 de junio de 2016
viernes, 27 de mayo de 2016
Bolsas viaxeiras 2016

BOLSAS QUE VAN E VEÑEN

A maioría de pais e nais participaron con gusto e bo facer.
Aquí tedes una mostra.
Felicidades!!!
Aquí tedes una mostra.
Felicidades!!!
lunes, 9 de mayo de 2016
KAMISHIBAI VIAXEIRO
O venres 6 de maio lemos na biblioteca do cole os dous contos que elaboramos nas clases durante o mes de abril.
O conto "Manchas" foi elaborado polas clases comprendidas entre 4º de Educación Infantil a 6º de E.Primaria, da liña A coa achega de 1º C e o conto "Mariña" polas clases comprendidas entre 4º de Educación Infantil a 6º de E.Primaria da liña B, coa achega de 6ºC.
Ambos tiveron como eixe os Xogos Olímpicos.Con eles tratamos valores de gran importancia: DIVERSIDADE, SOLIDARIEDADE, ESFORZO PERSOAL, SUPERACIÓN...
lunes, 18 de abril de 2016
Festexamos o día da poesía, da árbore e da auga
O material enviado pola Deputación de Lugo serviunos como eixo para artellar unha serie de actividades para conmemorar o día da poesía, da árbore e da auga. Velaquí os dous libros que foron traballados nas aulas de Educación Infantil e Primaria ao longo da semana.
O colofón desta conmemoración foi a gran festa que consistiu en:
- A representación do crecemento dunha pranta por parte de Educación Infantil.
- Lectura de poesías e consellos ecolóxicos dos cursos de Educación Primaria.
- Creación dunha árbore humana como actividade conxunta de todo o Centro.
- Bautismo das prantas e árbores cos nomes propostos polas diferentes clases.
- Plantación das árbores e das flores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)