viernes, 22 de abril de 2022

Nova plataforma dixital E-LBE.2

Consiste nunha plataforma de préstamo dixital de balde. Pretende que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital favorecendo a mellora da competencia e dos hábitos de lectura entre os máis novos.
No caso de ter calquer dúbida ou problema coa solicitude de acceso non dubidedes en poñervos en contacto co equipo de biblioteca que vos axudaremos encantados.

miércoles, 20 de abril de 2022

Estacións de aprendizaxe

Acabamos de decatarnos que non publicaramos esta entrada. Nela podedes ver o ben que o pasaron polo Nadal os nenos e nenas de segundo A nunha sesión chea de novidades: realidade aumentada,programación con Lego Spike Essential, Robots e grafismo creativo.

Colaboración Ceip Celso Currás

Como cada mes doamos un lote de revistas "Sapos e Princesas" aos nenos e nenas do Ceip Celso Currás de Trabada. Con isto pretendemos que esta revista chegue a máis fogares e que tanto cativos/as como adultos/as gocen dun ratiño de lectura.

lunes, 18 de abril de 2022

Concurso Atrapa Retos de SM

Unha aula do noso colexio participou durante uns meses no concurso "Atrapa Retos 2" da editorial SM e a través da app "Smile and Learning". Semanalmente tiñamos un reto dunha das catro áreas que se traballaban que eran: lingua castelá, matemáticas, ciencias sociais e ciencias naturais. A través deste concurso fomos repasando conceptos que xa deramos nestas materias, ademais de realizar exercicios de concentración e atención, scaperoom entre outros. O alumnado pasouno mi ben traballando en equipo. Primeiro podían practicar cada grupo na súa tablet, repasar e por último competir. Sen dúbida foi unha experiencia moi gratificante que o curso que ven volveremos a repetir para seguir aprendendo ao tempo que nos divertimos.

domingo, 17 de abril de 2022

Creacións con Lego 2º A

Nova xornada do alumnado de segundo coa robótica da man de Lego. Nesta sesión cada grupo tivo que construir cousas diferentes e despois puideron ver como quedaron as dos demais grupos. Cooperar, compartir, programar de xeito moi divertido tamén se alcanzan estes obxectivos.

Reto de abril na biblioteca: "En abril pareados mil"

Coa chegada de abril, da primaveira ao equipo de biblioteca ocorreuselle o seguinte reto titulado " En abril pareados mil".Adicando deste xeito este mes a poesía co traballo nas aulas dos pareados. Con todos eles formaremos un fermoso mural que decorará o noso corredor.

viernes, 8 de abril de 2022

Alumnado Voluntario: Ler fóra

O xoves 7 de abril o alumnado voluntario do programa Ler fóra participou na biblioteca municipal lendo e escenificando dous contos titulados: " Yo voy conmigo" e " Yo soy". Como público contamos co alumnado de terceiro do Colegio Sagrado Corazón de Ribadeo. Fixérono xenial!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra mentres preparamos os vídeos.

miércoles, 6 de abril de 2022

Sesión de Robótica de terceiro A

O alumnado de terceiro A gozou dotra sesión de robótica, nela aprenderon xogando. Formaron os equipos, elexiron a construcción a realizar e puxéronse mans a obra.Este foi o resultado. Gran traballo!

martes, 5 de abril de 2022

Nova sesión de Robótica " O superminigolf"

Aquí tedes unha mostra dos avances que van facendo os nenos e nenas de segundo A en torno á robótica. Con Lego aprenden ao tempo que se divirten e non vexades como celebran os seus logros. Traballo en equipo, concentración, atención, orde, programación... estes son algúns dos items que o alumnado adquire realizando este tipo de actividades. Noraboa!, Superminigolf conseguido.

lunes, 4 de abril de 2022

Nova entrega de "Sapos y Princesas"

Hoxe recibimos no cole unha nova entrega da revista " Sapos y Princesas", despois de repartilas todo o noso alumnado levouna para os seus fogares. Así de ben posaban algún dos nenos e nenas do cole coa súa revista.

viernes, 1 de abril de 2022

Reto de Marzo: Convidamos ás Familias " A ter a palabra" na nosa biblioteca

Na biblioteca O lar de Brinqui continuamos co proxecto "A volta ao mundo en 175 días". Queremos que no reto do mes de marzo as familias sexan as verdadeiras protagonistas. No mundo existe unha enorme tradición de contos narrados aos nenos e nenas. Ese hábito é o que queremos manter na nosa biblioteca e para iso, convidamos a todas as familias do Ceip Gregorio Sanz “A ter a palabra” na nosa biblioteca escolar.
Chegou o mes de abril cargadiño de podcast. Brinqui estivo organizando todos os contos ou lendas que nos foron chegando:
A familia de Martín F.F. 4º E.I. (A) envía un conto de tradición oral tradicional da zona de Abadín recollido hai uns anos e q forma parte do libro "A fala dos brañegos" publicado pola Deputación de Lugo. Tocalle a quenda a familia de Pablo E.V. 4º E.I. acheganos unha lenda africana titulada"A pel dos cocodrilos". A familia de Vera E.V. de 1º A fixonos chegar unha lenda do Perú titulada "A mazorca de ouro". Agora chega o momento da familia de Alexander P.S. de 5º de E.I. co conto "Rin, Rin renacuajo" procedente de Colombia. Nesta ocasión a familia de Inti e Antuan de 1º E.P. e 4º E.I. envían "La broma de Coquena" procedente da provincia de Salta- Argentina. Chega a quenda da Familia de Delia N.A. de 5º E.I. co seu conto " El unicornio Mágico" A familia de Natalia Andrea P.S. de 5ºA conta a lenda " La leyenda de la sirena del Río Guatapurí de Valledupar, Colombia. Para seguir contamos coa familia de Martín L.G. de 2ºB coa lenda " O trasno e a ola de ouro" procedente de Irlanda. Nesta ocasión a familia de Marina F.G. de 1º E.P. (A) achéganos "Martisor" procedente de Rumanía. A familia de Marco N.F. de 6º E.I. (B) achéganos " O coelliño branco" procedencia España. Aquí temos unha nova entrega, a familia de Andrés L.G. de 5ºE.P.(B) achéganos "Verdadeiro e falso" conto procedente de Noruega. Nova achega, neste caso a familia de Lucas J.F.DE 5º E.I.(B) con " Olelé, Moliba Makasi" conto tradicional Congoleño. A familia de Carmen N.F. 5ºE.P. (A) achega "El Pez Arcoiris" procedencia España. Nesta ocasión a familia de Sara S.O.G. de 6º E.P.(B) fainos chegar o conto "A cebra Camila" procedente de España. Chega o quenda da familia de Cidre N.G. de 1º E.P. (B) coa lenda "Os biosbardos" procedente de Galicia. Agora a familia de Joel L.M. de 2º E.P. (B) achega a "lenda da Maruxaina" procedente de San Cibrao-Lugo. Nesta ocasión a familia de Xoel N.G. de 6º E.P. (B) fainos chegar a lenda o "Arco da lúa" procedente de Galicia. A continuación a familia de Zoe(3º E.P. A) e Ebe (5ºE.I. B) de D.M. envían o conto " A pega e o raposo". Este conto foi recopilado en Sego, Artes, Ribeira (A Coruña) por Manuel Axeitos Pérez. A familia de David 4ºE.P. (B) traenos agora a lenda "Searila" procedente de Seares, Castropol, Asturias. Chega a quenda da familia de Amanda V. P. de 1º E.P.(B) coa lenda Austaliana "O koala e o emú". Para rematar, dende a biblioteca dámosvos as grazas xa que sen a vosa participación non sería posible ter conseguido este reto. Como agasallo deixamos este podcast elaborado por un membro do equipo de biblioteca.