viernes, 21 de octubre de 2016

Mochilas viaxeiras: curso 2016-2017




Un ano máis as mochilas viaxeiras saíron do colexio para percorrer as casas do alumnado de Educación Primaria.Nas fotos podedes ver alumnos colaboradores da biblioteca dispostos a repartir as mochilas polas diferentes aulas. Boa viaxe!!! 





viernes, 27 de mayo de 2016

Bolsas viaxeiras 2016


BOLSAS QUE VAN E VEÑEN

 
Os alumos de 6º de Educación Infantil  disfrutaron das BOLSAS QUE VAN E VEÑEN durante o segundo e tercer trimestre do curso escolar. Unha vez máis este programa de animación á lectura na escola e na familia foi todo un éxito.
 
A maioría de  pais e nais  participaron con gusto e bo facer. 
Aquí tedes una mostra.
Felicidades!!!
 




lunes, 9 de mayo de 2016


                           KAMISHIBAI   VIAXEIRO


                    Preme para ver a foto ampliada

O venres 6 de maio lemos na biblioteca do cole os dous contos que elaboramos nas clases durante o mes de abril.
O conto "Manchas" foi elaborado polas clases comprendidas entre 4º de Educación Infantil a 6º de E.Primaria, da liña A coa achega de 1º C  e o conto  "Mariña" polas clases comprendidas entre 4º de Educación Infantil a 6º de E.Primaria da liña B, coa achega de 6ºC.


                                            Preme para ver a foto ampliada           

                                            Preme para ver a foto ampliada

Ambos tiveron como eixe os Xogos Olímpicos.Con eles tratamos valores de gran importancia:       DIVERSIDADE, SOLIDARIEDADE, ESFORZO PERSOAL, SUPERACIÓN...

                              Preme para ver a foto ampliada



lunes, 18 de abril de 2016

Festexamos o día da poesía, da árbore e da auga



 O material enviado pola Deputación de Lugo serviunos como eixo para artellar unha serie de actividades para conmemorar o día da poesía, da árbore e da auga. Velaquí os dous libros que foron traballados nas aulas de Educación Infantil e Primaria ao longo da semana.




O colofón desta conmemoración foi a gran festa que consistiu en:
- A representación do crecemento dunha pranta por parte de Educación Infantil.
- Lectura de poesías e consellos ecolóxicos dos cursos de Educación Primaria.
- Creación dunha árbore humana como actividade conxunta de todo o Centro.
- Bautismo das prantas e árbores cos nomes propostos polas diferentes clases.
- Plantación das árbores e das flores.