Nunha pequena cidade, viviu fai moito tempo un xastriño que traballaba tódolos días cosendo e remendando...
martes, 31 de marzo de 2020
Un conto para todos e todas!!
Nunha pequena cidade, viviu fai moito tempo un xastriño que traballaba tódolos días cosendo e remendando...
Os bolechas!!!
Paro os nenos e nenas de 8 e 9 anos. As miñas primeiras letras en galego. Hoxe comezamos por... Uxío Novoneira.
Watch video!
Watch video!
Coidado que veñen "Os chibos chibóns"
Esto é o que lles pasou a tres chibos, un grande, outro mediano, e outro pequeno, cun día quixeron cruzar a ponte para comer herba e deron cun ogro.
domingo, 29 de marzo de 2020
Eu non canto por cantar!!
Aqueles que desexan cantar sempre atopan unha canción e como cantar é moi importante, e máis nestes momentos. Alá imos
A mellor sopa do mundo!!
Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acesa. Pola cheminea saía fume. Tartaruga estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxanse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferver para preparar unha sopa. A medida que van chegando os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas...
A MELLOR SOPA DO MUNDO!!
E seguimos cos contos, hoxe "A vaca que puxo un ovo"
Fala dunha vaca que quere facer algo diferente para destacar sobre as demáis, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas as galiñas. Claro que a envexa non é boa compañeira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira. De e Andy Cutbil
O final é sorprendente!!
O final é sorprendente!!
Audio libros de Amazon

AUDIO LIBROS DE AMAZON
lunes, 23 de marzo de 2020
A casa da mosca chosca
Ola a nenos e nenas, despois do descanso da fin de semana, hoxe voltamos un novo conto popular ruso, superchuli e moi divertido, a ver que vos parece!!. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis... pero, alguén peta na porta. (Taxi Roberto Burela)
sábado, 21 de marzo de 2020
Seguimos coa poesía
Xa comezou a primavera e imos celebralo co día da poesía, e mentres esperamos pacientemente, e na casa, volver pronto a normalidade, escoitamos a Antonio García Teijeiro, escritor español en lingua galega dedicado a literatura infantil, recitando unha antoloxía de poemas escritos en galego para nenos e nenas. Saúdos de Brinqui. Vémonos pronto!!!!
Día Internacional da Poesía
Hoxe 21 de marzo celébramos o día internacional da poesía, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüistica e dar oportunidade as linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades e promover a ensinanza da poesía, fomentando a tradición oral dos recitais poéticos.
Foi instaurado pola UNESCO en 1999.
Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María
Pica aquí e descarga a imaxe
Foi instaurado pola UNESCO en 1999.
Para os máis pequenos: "O arco da vella" de Manuel María
Pica aquí e descarga a imaxe
Descarga o Arco da Vella e coloréao, logo pégao na túa fiestra. TODO VAI SAIR BEN.
martes, 17 de marzo de 2020
Non me veñas con contos!!
Ola!! como imos estar unha tempada na casa por mor do coronavirus, que mellor que escoitar un conto de vez en cando. E velaí vai o primeiro. (Taxi Roberto Burela)
Contos para escoitar!!
Frederick, de Leo Lionni
Frederick
é un inspirador álbum ilustrado do famoso
autor de “ Pequeño azul y pequeño amarillo”, todo un clásico da literatura
infantil.
Frederick é un rato diferente. Vive coa súa
familia, no campo. Cando
o inverno chegaba, os ratos empezaron a almacenar millo e noces, trigo e palla.
Traballaban noite e día. Todos menos un, Frederick. (Taxi Roberto Burela)
Día das bibliotecas escolares
O día 24 de outubro celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.Ese día :
• As MOCHILAS VIAXEIRAS saíron a percorrer os fogares dende 1º a 6º de Primaria.
• Recollimos o material para facer un MARCAPÁXINAS DE CINE .
• Deuse a coñecer a saga de películas que estarán sobrevoando a biblioteca durante este curso: HARRY POTTER .
Venres de conto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)